Xoves, 23 de de 2022

2022/06/23: O IBADER amplía as súas redes de networking coa participación no SIBIC 2022


O pasado 21 de xuño de 2022, o IBADER asistiu ao Symposium Especial Networking INVASAQUA, que tiña lugar no IX Congreso Ibérico de Ictioloxía (SIBIC) de 2022, celebrado en Porto (Portugal). Como beneficiario dos proxectos LIFE INSULAR (LIFE20 NAT/ES/001007) e LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771), IBADER achegou os principais resultados de ambos os dous proxectos en materia de eliminación e control de especies invasoras de flora sobre hábitats naturais na Rede Natura 2000. A achega de IBADER ao evento resultou de grande interese, completando as actuacións sobre especies invasoras de fauna que achegaron o resto de proxectos que participaron:

.               LIFE ÁGUEDA (LIFE16 ENV/PT/000411)
.               INVASORAS.PT
.               LIFE MIGRATOEBRE (LIFE13 NAT/ES/000237)
.               LIFE RESQUE ALPYR (LIFE20 NAT/ES/000369)
.               BIOTRANS (INTERREG)
.               INVALIS (INTERREG)

As principais conclusións da mesa redonda xiraron en torno á necesidade de centrar os esforzos no control e detección temperá das especies invasoras por parte de todos os axentes implicados, a cooperación entre entidades públicas á hora de facilitar as campañas de erradicación, ou a consideración da difusión pública e a sensibilización ambiental como unha poderosa ferramenta para aumentar a concienciación da sociedade acerca dos problemas de conservación da biodiversidade que son causados polas especies invasoras.

 
2022/06/23: O IBADER amplía as súas redes de networking coa participación no SIBIC 2022
Compartir
 
Voltar