Mércores, 15 de de 2022

2022/15/06: Presentación da tradución ao galego do libro Os límites do crecemento, de Donella H. Meadows, Dennis L. Meadows, Jørgen Randers, William W. Behrens III.


O martes 14 de xuño, celebrouse, no Salón Noble do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, a presentación de Os límites do crecemento, de Donella H. Meadows, Dennis L. Meadows, Jørgen Randers, William W. Behrens III.

No acto, participarán os tradutores do libro, Juan Casares Long e José A. González, reitor da USC, Antonio López Díaz, José Manuel Morán Criado, membro do Club de Roma e vicepresidente do Capítulo Español do Club de Roma, Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia.

Traducido ao galego por primeira vez da man de Juan Casares Long e José A. González, Os límites do crecemento,  é un ensaio que analiza os retos de Humanidade cara ao futuro. A súa primeira edición foi publicada en 1972, nun momento xeneralizado de desilusión e incertezas e tras dúas décadas de crecemento económico extraordinario. O resultado busca alternativas para reconducir a situación na que o mundo se atopaba e atopa, esixindo actuacións con urxencia.

Cincuenta anos despois, a realidade reafirma as primeiras liñas de estudo que este grupo de intelectuais, formado por Donella H. Meadows, Dennis L. Meadows, Jørgen Randers e William W. Behrens III, marcou nos anos 70. Esta obra é unha publicación atemporal que amosa unha mirada disruptiva sobre o sistema terra. A súa conclusión é a necesidade de atopar un equilibrio entre poboación e capital.

2022/15/06: Presentación da tradución ao galego do libro Os límites do crecemento, de Donella H. Meadows, Dennis L. Meadows, Jørgen Randers, William W. Behrens III.
Compartir
 
Voltar