Mércores, 08 de de 2022

2022/06/08: O proxecto LIFE INSULAR realiza a súa primeira publicación sobre os territorios insulares


O proxecto LIFE INSULAR realiza a súa primeira publicación sobre os territorios insulares

Como froito das accións preparatorias do proxecto LIFE INSULAR (LIFE20 NAT/ES/001007), consistentes na avaliación do estado de conservación dos territorios insulares incluídos dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a revisión da información previa e o estado do arte con respecto a este espazo natural protexido posibilitaron a publicación do traballo “Galician Atlantic Islands National Park: Challenges for the Conservation and Management of a Maritime-Terrestrial Protected Area”, como un dos capítulos do libro “Protected Area Management - Recent Advances”.

O traballo avalía os retos pasados e presentes no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, onde a conservación e xestión da biodiversidade evolucionou ao longo do tempo de forma significativa, proporcionando un estudo de caso válido e aplicable a outros parques nacionais de todo o mundo, así como situacións similares noutros contextos e escenarios. No Parque Nacional xorden retos de futuro para mellorar o estado de conservación dos hábitats naturais e da vida silvestre, principalmente a través de novas iniciativas europeas que poidan establecer importantes sinerxías con outros países.
2022/06/08: O proxecto LIFE INSULAR realiza a súa primeira publicación sobre os territorios insulares
Compartir
 
Voltar