Xoves, 26 de Maio de 2022

2022/05/26: O IBADER participa na celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa


O IBADER participa na celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa
 
O pasado 26 de maio de 2022, con motivo da celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa, organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA, Castelo de Santa Cruz, Oleiros), o IBADER participou con dous dos seus proxectos LIFE: o LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771) e o LIFE INSULAR (LIFE20 NAT/ES/001007).

A participación de LIFE FLUVIAL, que se atopa na súa recta final, realizouse a través de dúas presentacións dos resultados do proxecto sobre a restauración de corredores fluviais e humidais continentais. Pola súa banda, a aportación dende LIFE INSULAR, que acaba de comezar, realizouse a través dunha breve presentación dos obxectivos e resultados que o proxecto espera acadar.

O evento resultou de gran proveito e interese para toda a audiencia congregada, entre a que se contou con traballadores de administracións públicas, representantes dos colectivos ambientalistas locais, e membros da veciñanza da contorna.

A xornada completouse cunha visita ás localidades do proxecto LIFE FLUVIAL na Ría de Betanzos (na marxe esquerda, en terreos do Concello de Bergondo) e no Encoro de Cecebre (en terreos dos concellos de Abegondo e Cambre).












 
2022/05/26: O IBADER participa na celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa
Compartir
 
Voltar