O Presidente da Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas Terras do Mandeo, José Antonio Santiso Miramontes; a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e o Director de IBADER, Pablo Ramil Rego, presentaron ayer luns 4 de xullo o resultado da acción de restauración realizada no Miodelo (Bergondo) nun área incluída na Zona de Especial Conservación da ría de Betanzo.
A recuperación do hábitat natural realizouse no marco do proxecto LIFE FLUVIAL, iniciativa na que participa o IBADER como socio e cuxo obsectivo e a mellora dos corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000.
A intervención incluíu a eliminación dos recheos do antigo campo de fútbol, a retirada das especies exóticas invasoras (entre as que se inclúe unha tonelada de herba da pampa) e a restauración do corredor fluvio-estuarino mediante a creación de pequenas charcas e a plantación de arborado autóctono. Todas as actuacións realizáronse sen empregar herbicidas.
A Reserva de Biosfera realizará dende agora un control periódico desta zona e avanza que levará a cabo as medidas de mantemento precisas cando sexa necesario.
Ver nova no xornal
