Luns, 20 de de 2022

2022/06/20: Celebrado no IBADER o curso de verán “Protección e malos tratos animais. Unha perspectiva actual das normas e actuacións desde o ámbito legal e veterinario”


Durante os días 15, 16 e 17 de xuño o Instituto de Biodiversidade e desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus de Lugo foi a sede do curso de verán: “Protección e malos tratos animais. Unha perspectiva actual das normas e actuacións desde o ámbito legal e veterinario”. Estas xornadas estiveron dirixidas principalmente aos estudantes do Campus Terra e aos profesionais que actúan neste campo (veterinarios, enxeñeiros agrícolas, agrónomos, avogados, corpos de seguridade do estado, etc.,). Durante o transcurso do curso os diferentes relatores nacionais e internacionais abordaron as actuacións administrativas en casos de incumprimentos de protección, benestar e malos tratos animal, a utilización de protocolos e a elaboración de informes periciais, os procedementos lexislativos (administrativos e penais), unha vez que se produciron incumprimentos de benestar/protección animal xa sexa por denuncias ou actuacións inspectoras e por último a formación en Benestar animal, enfocándoa cara ás novas oportunidades laborais que ofrece esta ciencia aos diferentes profesionais.





 
2022/06/20: Celebrado no IBADER o curso de verán “Protección e malos tratos animais. Unha perspectiva actual das normas e actuacións desde o ámbito legal e veterinario”
Compartir
 
Voltar