Xoves, 21 de Xullo de 2022

2022/07/21: Clausura do Curso de Verán a USC Producións non Madeireiras e Servizos do Monte Galego


Na tarde do xoves 21 de xullo clausurouse na sede do IBADER o Curso de Verán da USC "Producións non Madeireiras e Servizos do Monte Galego", dirixido polo profesor D. Antonio Rigueiro Rodríguez, onde durante catro días un nutrido grupo de expertos e expertas tanto da propia USC como doutras entidades impartiron diversas lección relacionadas coa temática do curso.

Entre os relatores externos á USC contouse coa participación do experto en apicultura D. Abel Yáñez Armesto, membro da Asociación Galega de Apicultura, D. Mauro Coucheiro Rodal, director de operacións de Greenalia SA, que falou sobre biomasa para produción de enerxía, Dna. Érika Martínez Carreira, Directora xeral da empresa Sinerxias Sostibles Resiforest, adicada ao aproveitamento da resina, e D. Francisco Dans del Valle, director da Asociación Forestal de Galicia, que falou da compensación de carbono nos montes galegos.  No último día contouse igualmente coa participación da profesora da USC e asimesmo Directora Xeral de Deselvolvemento Rural e da AGADER, Dna Inés Santé Riveira, que disertou en detalle sobre o enfoque das paisaxes de montaña e outras infraestruturas verdes como recurso.

En definitiva, tratouse dun curso moi dinámico, no que a interacción co alumnado, especialmente nos debates posteriores ás charlas, resultou moi arriquecedora para tódolos participantes.

Tódalas xornadas se desenvolveron moi satisfactoriamente, grazas en grande medida á inestimable colaboración do persoal do IBADER.
2022/07/21: Clausura do Curso de Verán a USC Producións non Madeireiras e Servizos do Monte Galego
Compartir
 
Voltar