Mércores, 28 de Setembro de 2022

2022/09/28: Preséntanse os resultados preliminares do proxecto de avaliación global das turbeiras de cobertor


No proxecto participa o IBADER realizando a avaliación do complexo de turbeiras de cobertor da Serra do Xistral. A colaboración entre o IBADER e a Universidade de Notthingham Trent, xurde a partir do traballo en rede vinculado ao proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE (Towards implementing the PAF for Ireland by protecting and restoring Ireland's blanket bog Natura Network along Atlantic seaboard).
 
El pasado 23 de setembro os investigadores Guaduneth Chico, Nicholas Midgley, Thomas Clewer e Pablo Gallego. presentaron na Universidade de Notthingam Trent, este estudio baixo o título “A global approach to assess the distribution and degradation of blanket bogs”
 
A presentación incluíuse no marco das conferencias anuais celebradas pola Escola de Ciencias Animais, Rurais e Ambientais (ARES) da universidade de Nottingham Trent. Nestas conferencias anuais amósase a investigación da comunidade académica e de posgrao na universidade, e que contou este ano ca presenza, como invitada especial, da Dra. Ruth Little, da universidade de Sheffield.

O obxectivo da conferencia é celebrar a investigación da Escola e incluíu presentacións de estudantes de doutorado e persoal académico. Como todos os anos, foi ser un valioso evento, con oportunidades para debates informais e sesións de traballo.
 
O evento celebrouse entre as 9 e as 17 horas do día 23 de setembro, rematando cunha churrascada para celebrar e agradecer a todos os integrantes da escola pola súa contribución ao recente éxito da escola no Marco de Excelencia na Investigación.
 
2022/09/28: Preséntanse os resultados preliminares do proxecto de avaliación global das turbeiras de cobertor
Compartir
 
Voltar