2022/10/13: Presentación da Monografía “Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia”
O vindeiro luns día 24 de outubro as 19:00 h, terá lugar no IBADER a presentación do libro “Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia” publicado dentro da serie Biodiversidade das Monografías do IBADER. A publicación homenaxea postumamente ao seu autor, Xoán F. Fernández López, agrónomo e historiador, xuntando na monografía, un conxunto de artigos da súa autoría, algúns publicados previamente e outros inéditos, todos eles relacionados coa historia agraria de Galicia. O acto terá lugar na aula Luciano Sánchez García do IBADER.
Lugar: Aula Luciano Sánchez García Día: luns 24/10/2022 Hora: 19:00 h