Xoves, 13 de Outubro de 2022

2022/10/13: Presentación da Monografía “Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia”

O vindeiro luns día 24 de outubro as 19:00 h, terá lugar no IBADER a presentación do libro “Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia” publicado dentro da serie Biodiversidade das Monografías do IBADER. A publicación homenaxea postumamente ao seu autor, Xoán F. Fernández López, agrónomo e historiador, xuntando na monografía, un conxunto de artigos da súa autoría,  algúns publicados previamente e outros inéditos, todos eles relacionados coa historia agraria de Galicia. O acto terá lugar na aula Luciano Sánchez García do IBADER.

Lugar: Aula Luciano Sánchez García
Día: luns 24/10/2022
Hora: 19:00 h

Cartaz da presentación
2022/10/13: Presentación da Monografía “Do monte, das aveas, dos castiñeiros, dos pomares e doutras froiteiras: contribucións para a historia agraria de Galicia”
Compartir
 
Voltar