Martes, 08 de Novembro de 2022

2022/11/08: Próxima celebración na NUT do evento “ONU75+2: Vivindo xuntos no futuro”, coa participación do IBADER


A Universidade de Nottingham Trent celebrará entre los días martes 22 de novembro e o xoves 24 de novembro a conferencia da ONU, ONU75+2: Vivindo xuntos no futuro, que pretende comprender os desafíos que nos presenta a convivencia sostíbel e abordar algunhas das cuestións e das prioridades máis urxentes acordadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel da ONU.
 
A organización do evento fai un chamamento a unirse aos diferentes obradoiros, mesas redondas e mesas de discusión, para tentar reunir unha audiencia de carácter global xunto coa rede da Universidade de Nottingham Trent, e de este xeito chegar a tantas persoas como sexa posíbel e así cumprir o obxectivo ONU75 do Diálogo.
 
As sesións serán online e calquera persoa pode unirse a tantas sesións como desexe de forma gratuíta.
 
O IBADER participa o día mércores 23 de novembro (13:00-14:00 GTM), na segunda das sesións, denominada Vivindo Xuntos coa Natureza: ¿Podemos restaurar as turbeiras para mitigar o cambio climático?
 
Trátase dunha mesa redonda e de discusión en torno á temática do papel das turbeiras como sumidoiros de carbono e a súa actividade neste senso, en función do seu estado de conservación e funcionalidade.
 
Na mesa participaran:
 
Dr. Guaduneth Chico, Nottingham Trent University, UK
Dr. Nicholas Midgley, Nottingham Trent University, UK
Dr. Javier Ferreiro da Costa, IBADER, University of Santiago de Compostela, Spain
Dr. Stefanie Carter, South Atlantic Environmental Research Inst., Falkland Islands
Martin Toye, National Park Services and Wildlife, Ireland
 
A totalidade do programa, así como a inscrición neste e noutras sesións pode consultarse en este enlace:

Programa e inscrición
 
2022/11/08: Próxima celebración na NUT do evento “ONU75+2: Vivindo xuntos no futuro”, coa participación do IBADER
Compartir
 
Voltar