Venres, 16 de Decembro de 2022
2022/12/16: Entrega dos Premios de investigación Rafael Crecente na súa V edición
Onte, día 15 de decembro tivo lugar o acto de entrega dos galardóns correspondentes a quinta edición do Premio de investigación Rafael Crecente. O Acto celebrouse en Lugo, no Salón Isaac Díaz Pardo (EPSE), do Campus Terra da USC, nunha sesión presidida polo reitor da USC, durante a que a profesora do Departamento de Análise Económica da USC María Loureiro ofreceu o relatorio ‘As percepcións da cidadanía sobre o cambio climático: unha análise apoiada en big data’.
Os galardóns, dotados con 2.000 e 1.000 euros, respectivamente outorgáronse aos traballos de investigación presentados por Olga Vallejo López e Tomás Ariel Arteta, que non transcurso do acto realizaron unha exposición dos proxectos presentados ao certame.
A candidatura que mereceu a máxima calificación outorgada polo xurado, foi a presentada por Olga Vallejo, que achegou unha idea sobre o posible redeseño bioclimático dunha vivenda do rural de Galicia, á que propón engadir elementos construtitvos á edificación principal empregando técnicas de bioconstrución, materiais sostibles.
O segundo galardon foi entregado a Tomás Ariel Arteta quen presentou un proxecto para a optimización da produción de planta dunha variedade de kiwiño adaptada aos retos do cambio climático mediante técnicas innovadoras agrobiotecnolóxicas e de intelixencia artificial.