Luns, 16 de Xaneiro de 2023
2023/01/16: Ampliado o finanzamento e o alcance do proxecto LIFE IP Wild Atlantic Nature
O proxecto LIFE IP-PAF Wild Atlantic Nature no cal participa como socio o IBADER ven de recibir 15 millóns de euros de financiación adicional procedentes do fondo da iniciativa do Goberno de Irlanda "Shared Island", que aporta 10 millóns de euros e do National Parks and Wildlife Service (NPWS) de Irlanda, que asume 5 millóns de euros adicionais.
Este aumento orzamentario forma parte da actual estratexia que o Goberno de Irlanda, e outras entidades asociadas, están desenvolvendo en materia de conservación do seu patrimonio natural e a biodiversidad. Paralelamente ao proxecto LIFE IP-PAF Wild Atlantic Nature, dende Irlanda desenvólvese o proxecto de investigación H2020 WaterLANDS, dotado con 23,6 millóns de euros (cunha cofinanciación do 97,5%) enfocado á restauración de hábitats de humidais (concretamente en Irlanda sobre turbeiras de cobertor), establecendo pontes de colaboración con comunidades, ONGs, entidades públicas e autoridades locais. Este proxecto proporcionará solucións financeiras e recursos para que os escenarios elixidos funcionen como mellores prácticas de restauración, e demostrando como estas poden ser replicadas a nivel rexional ou nacional.
O anuncio realizouse tras a viaxe do Ministro Noonan á Conferencia de Biodiversidade da ONU COP15 celebrada en Canada Canadá. Este incremento orzamentario permitirá que o proxecto LIFE actúe durante os próximos dous anos en todas as ZEC de Irlanda que inclúen o hábitat prioritario 7130 Turbeiras de cobertor. O anuncio de financiación recoñece o éxito da experiencia de restauración de turbeiras demostrada a través do traballo do LIFE IP Wild Atlantic Nature en áreas de alto valor natural e o potencial para o intercambio de coñecementos.
O Proxecto LIFE IP Wild Atlantic Nature lanzouse no 2021 e ven traballando con comunidades e propietarios do NW de Irlanda para conservar e mellorar a calidade das turbeiras de cobertor e os hábitats asociados as mesmas.
Os fondos empregaranse para desenvolver capacidades a nivel local e nacional a través de programas de capacitación, educación e traballos de restauración. Seleccionaranse espazos onde restaurar de turbeiras, desenvolver capacidades para a xestión de turbeiras a longo prazo, realizar investigacións e monitoraxe, intercambiar coñecementos e abordar problemas socioculturais nunha diversidade de escenarios de restauración, incluíndo terras públicas ou privadas e a restauración de diversos impactos como a erosión, a drenaxe, presenza de especies exóticas invasoras, pastoreo etc. Os propietarios e usuarios do espazos estarán no foco de calquera actividade planificada e la participación será voluntaria.
O ministro de Vivenda, Goberno local e Patrimonio louvou o papel das turbeiras son un exemplo perfecto de como a natureza pode axudar a mitigar os efectos o cambio climático e a súa satisfacción de que o financiamento axude a fortalecer os esforzos para restaurar as turbeiras e brindar servizos climáticos e ecosistémicos.