Martes, 06 de Decembro de 2022

2022/12/06: Seminario difusión especializada y capacitación en Ribadeo


Seminario Técnico dirixido ao alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias (RIBADEO, LUGO)

Con data do 5 de decembro de 2022, dende LIFE Fluvial, da man de Mariñas Coruñesas e o IBADER, desenvolveuse un seminario especializado dirixido aos alumnos do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do CFEA Pedro Murias, emprazado en Ribadeo.

O seminario, celebrado no salón de actos do CFEA, contou coa asistencia dun total de 15 persoas entre profesorado e alumnado do centro.

O primeiro relatorio, a cargo de Javier Ferreiro, do IBADER,  estivo centrado na mellora e xestión sostible dos corredores fluviais como estratexia para frear a perda de biodiversidade. Dada a orientación formativa e de futuro laboral dos asistentes, a temática sobre a que se fixo maior inciso foi a referida ás actuacións de conservación levadas a cabo por LIFE Fluvial.

A continuación, Miguel Fernández, da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, fixo un repaso das actividades de divulgación e sensibilización efectuadas por LIFE Fluvial, percibíndose gran interese pola vinculación das Reservas de Biosfera con este tipo de proxectos.

Os asistentes tamén tiveron ocasión de visionar o audiovisual do proxecto, sendo finalmente obsequiados con material divulgativo de LIFE Fluvial.
2022/12/06: Seminario difusión especializada y capacitación en Ribadeo
Compartir
 
Voltar