Luns, 13 de Febreiro de 2023

2023/02/13: Ribadeo celebrou o Día dos Humidais 2023 cunha conferencia sobre LIFE FLUVIAL a cargo do IBADER


O pasado sábado 11 de febreiro, como primeira medida post-LIFE FLUVIAL, o IBADER do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela impartiu en Ribadeo unha conferencia titulada “Restauración e aplicación das mellores prácticas no humidal de importancia internacional da Ría de Ribadeo”, con motivo do Día Mundial dos Humidais 2023, cuxo lema nesta edición é “É hora de restaurar os humidais”.

A xornada, organizada polo Concello de Ribadeo, permitiu ao público asistente visibilizar e incrementar a súa sensibilización sobre as actuacións executadas por LIFE FLUVIAL na Ría de Ribadeo, así como sobre o resto de accións sinérxicas desenvolvidas polo Concello de Ribadeo dentro do humidal protexido, e tamén sobre a participación do resto de axentes implicados na conservación e xestión deste humidal de importancia internacional.
2023/02/13: Ribadeo celebrou o Día dos Humidais 2023 cunha conferencia sobre LIFE FLUVIAL a cargo do IBADER
Compartir
 
Voltar