Mércores, 29 de Marzo de 2023

2023/03/29: As mareas vivas destapan restos de árbores fosilizadas nas rías de Ferrol e Ares


As mareas vivas puxeron de novo ao descuberto os restos de antigos bosques que permanecen na actualidade soterrados baixo a area das praias en algúns puntos das rías de Ferrol e Ares así como noutras áreas do NW ibérico.

 

Os troncos representan antigos bosques, que segundo os estudos realizados teñen unha antigüidade de 3.400 años, no caso dos troncos localizados en Seselle e de entre 7000 e 6000 anos no caso do bosque fósil de Ponzos. No depósito de Ponzos, os macrorestos correspóndense na súa maior parte con grandes troncos de salguerio e nalgún caso de carballo, mentres que en Seselle non foron identificados.
 
A súa presenza está asociada a antigos depósitos conformados por sedimentos fosilizados de antigos humidais de auga doce que se situarían na actual liña de costa e que serían soterrados inicialmente polos sistemas dunares e despois polo mar e as praias ao longo dos últimos 10.000 anos. Tras a última glaciación (desenvolta entre fai 11000-10.000 años), o proceso de deglaciación, que deu paso ao actual período interglaciar provocou un incremento do nivel mariño que provocou unha intensa remodelación do espazo costeiro.
 
Consultar os estudos destes depósitos:
 
Estudo do depósito de Ponzos
2023/03/29: As mareas vivas destapan restos de árbores fosilizadas nas rías de Ferrol e Ares
Compartir
 
Voltar