Mércores, 23 de Marzo de 2022

2022/03/23: Celebradas as reunións de lanzamento de LIFE INSULAR

Os pasados 25 de febreiro e 22 de marzo de 2022 tiveron lugar as reunión de lanzamento do proxecto LIFE INSULAR entre os socios do proxecto. A primeira celebrouse na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, entre os socios españois do proxecto (IBADER-USC, DXPN, OAPN, TRAGSA). A segunda, mediante videoconferencia, mantívose entre o coordinador (IBADER-USC) e os socios irlandeses do proxecto (NPWS, COILLTE). As reunións serviron para dar acordo do Grant Agreement e dos convenios bilaterais entre socios, a formación dos equipos de traballo e o establecemento do comité de dirección do proxecto.

As xornadas permitiron, ademais, facer unha planificación conxunta do proxecto de cara a 2022, fundamentalmente relacionado co inicio dos traballos preparatorios de caracterización dos tipos de hábitat obxectivos e a planificación técnica das accións de conservación.

2022/03/23: Celebradas as reunións de lanzamento de LIFE INSULAR
Compartir
 
Voltar