Xoves, 25 de Maio de 2023

2023/05/25: Universidade de Verán 2023 - 2ª Edición das Xornadas sobre protección e maltrato animal coa participación do IBADER


2ª Edición das Xornadas sobre protección e maltrato animal
 
A Universidade de Santiago de Compostela organiza unha nova edición da Universidade de Verán, o prazo de matrícula Xornadas sobre protección e maltrato animal que se celebran en Lugo entre os días 4 e 6 de setembro de 2023 e que conta cun amplo elenco de docentes, cunha dilatada experiencia no campo da protección e do benestar animal.

A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2023 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de un crédito ECTS, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso. Así mesmo os asistentes recibiran un diploma acreditativo.


Equipo docente das xornadas

Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de veterinarios de España (CGVE).

María Luisa Suárez Rey. Xefa de servizo de Medicina Interna do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. 

Yolanda Gómez Saavedra. Veterinaria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. 

Jesús Casabiell Pintos. Profesor titular de Fisioloxía. Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

María Lourdes Sanmartín Sánchez. Comandante veterinario no centro de apoio loxístico de operacións, división de Operacións do Estado Maior do Exército de Terra. 

Lucia Belver Quiroga. Avogada da Consellería do Medio Rural. 

Lucía Girón Conde. Fiscal delegada en Lugo da Rede Española de Fiscais de Medio Ambiente, Urbanismo, Patrimonio Histórico e Maltrato animal. 

Luis Villares Naveira. Maxistrado da sala do Contencioso-Administrativo. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

María Rey Campos. Auditora de CAPSA Foods.

David Santos Río. Letrado da Administración de Xustiza


Mais información e matrícula:


https://www.usc.gal/es/servizos/cultura/veran/index.html



Actividade financiada por:

2023/05/25: Universidade de Verán 2023 - 2ª Edición das Xornadas sobre protección e maltrato animal coa participación do IBADER
Compartir
 
Voltar