Xoves, 08 de de 2023

2023/06/08: O IBADER asiste á reunión anual de seguimento do proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE


A reunión permitiu avaliar o avance do proxecto durante o último ano O IBADER do Campus Terra asistiu, o días 31 de maio, á reunión anual de seguimento realizada por CINEA ao proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE (LIFE18 IPE/IE/000002), proxecto integrado para a conservación as turbeiras de cobertor na Rede Natura 2000 de Irlanda, do que IBADER é un dos beneficiarios asociados, e que se atopa coordinado polo National Parks and Wildlife Service (NPWS).

A visita resultou de gran interese xa que os membros do IBADER puideron dar boa conta dos avances durante o último ano do grupo de traballo no sur de Europa para a conservación dos ecosistemas de turbeiras. Os resultados acadados cos estudos relativos ao impacto dos parques eólicos sobre as turbeiras de cobertor europeas, e os sucesivos estudos e investigacións de avaliación dos diferentes procesos de impacto sobre as turbeiras a nivel mundial, espertaron un grande interese sobre os representantes de CINEA.

A xornada rematou cunha visita ás localizacións do proxecto, na cal se mantiveron interesantes intercambios co resto de socios implicados no proxecto: Department of Housing, Local Government and Heritage (DHLGH); Department of Agriculture, Food and Marine (DAFM); Bord na Móna; Teagasc;
Failté Ireland; Raidio Teilifis Eireann (RTÉ); The Heritage Council; Northern & Western Regional Assembly (NWRA); Coillte Nature.
2023/06/08: O IBADER asiste á reunión anual de seguimento do proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE
Compartir
 
Voltar