Martes, 24 de Outubro de 2023

2023/10/30: Presentación da Monografía do IBADER e xornada en torno ao trigo



O vindeiro luns día 30 de outubro as 11:00 h, terá lugar no IBADER a presentación do libro “Dende a produción á panificación do trigo 'Caaveiro' en cultivo ecolóxico vs. convencional” publicado dentro da serie Biodiversidade das Monografías do IBADER.

A presentación da publicación enmárcase na xornada organizada por Mª Ángeles Romero Rodríguez e Santiago Pereira Lorenzo, membros da  Cátedra do Pan e do Cereal da USC. Na xornada os autores dos diferentes capítulos da Monografía, faran unha breve exposición da súa aportación.. O acto terá lugar na aula Luciano Sánchez García do IBADER entre as 11:00 e as 13:45. Ao finalizar a xornada servirase un aperitivo.

PROGRAMA DA XORNADA

11:00 h Inauguración e presentación do Libro “Dende a produción á panificación do trigo 'Caaveiro' en cultivo ecolóxico vs. convencional” 
- Elvira López Mosquera. Delegada para o Campus Terra da USC
- Pablo Ramil Rego. Director do IBADER
- Santiago Pereira Lorenzo. Secretario da Cátedra do Pan e do Cereal
- Mª Ángeles Romero Rodríguez. Directora da Cátedra do Pan e do Cereal
- Luis Urquijo Zamora. Jefe de Sección de Investigación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

11:30 h Como se leva a cabo a avaliación agronómica e produtiva do trigo? 
- Fernando Almeida García. Ingeniero Agrónomo de SEMENTARES

11:45 h Necesitamos estudar a entomofauna dos cultivos agrícolas?
- Mª Teresa Rodríguez López. Profesora Titular de Zooloxía 
- José Carlos Otero González. Profesor Titular de Zooloxía

12:00 h Importancia do control xenético de fariñas na trazabilidade
- Santiago Pereira Lorenzo. Catedrático de Produción Vexetal e Enxeniería de Proxectos 
- Ana María Ramos Cabrer. Investigadora do grupo de investigación Agronomía e Ciencia Animal

12:15 h Importancia do control microscópico de fariñas na trazabilidade 
- Matilde Lombardero Fernández. Profesora Titular de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias

12:30 h Importancia da análise nutricional de fariñas e pans
- Nerea Fernández Canto. Doutoranda na Cátedra do Pan e do Cereal

12:45 h Importancia da análise sensorial no control dos pans  
- Belén García Gómez. Investigadora Contratada en Tecnoloxía de Alimentos

13:00 h Importancia do contexto agroecolóxico do trigo e do pan galego e
análise económica da produción de trigo ecolóxica fronte a convencional
- Ibán Vázquez González. Contratado Doutor da Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria

13:30 h Conclusións
3:45 h Aperitivo

Lugar: Aula Luciano Sánchez García
Día: luns 30/10/2023
Hora: 11:00 h
2023/10/30: Presentación da Monografía do IBADER e xornada en torno ao trigo
Descargas
Voltar