O vindeiro xoves 30 de novembro ás 18.30 h, celebrarase o acto público de entrega dos VI Premios de Investigación Rafael Crecente no Salón Salón Isaac Díaz Pardo da Escola Politécnica Superior (Campus Terra, Lugo).
Os “Premios Rafael Crecente a Iniciativas innovadoras de Xestión Territorial" son convocados anualmente, desde o 2017, polo Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago, como homenaxe ao labor do profesor Rafael Crecente Maseda [1964-2015] considerado un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia, e co obxecto de impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial.