Venres, 22 de Decembro de 2023
2023/12/21: Publicado o terceiro boletín do Proxecto LIFE IP Wild Atlantic Nature
Os socios do Proxecto LIFE IP Wild Atlantic Nature acaban de publicar o terceiro boletín de novidades do proxecto, no cal entre outas novidades, preséntase o evento de networking na que participou o IBADER, que se celebrou en outubro, nas illas Azores e no que se presentou aos asistentes o proxecto LIFE IP Wild Atlantic Nature. No encontro, reuníronse con membros do Goberno e da Universidade de Azores que participan, entre outros, nos proxectos LIFE IP CLIMAZ E IP AZORES NATURA.
A visita permitiu a observación dos resultados dos proxectos LIFE que se desenvolven nas illas Azores e que poden xerar coñecementos valiosos para o desenvolvemento do LIFE IP Wild Atlantic Nature, creándose vias de futura comunicación e interacción entre os diferentes proxectos.
O Boletín está dispoñíbel para a súa descarga en:
https://www.wildatlanticnature.ie/communication-materials/