"Os humidais e o benestar humano” é o tema do Día Mundial dos Humidais 2024 porposto pola secretaria da Convención de Ramsar. A campaña deste ano pon de relevo a gran interconexión entre os humidais e a vida humana, xa que as persoas obteñen sustento, inspiración e resiliencia destes produtivos ecosistemas.
É importante destacar que o tema de 2024 subliña a maneira en que todos os aspectos do benestar humano están ligados á saúde dos humidais do mundo. Chámanos a cada un de nós a valorar e protexer os humidais. Cada humidal é importante. Cada esforzo conta.
A mensaxe principal da campaña deste ano é que o benestar humano está irrevocablemente ligado ao estado dos humidais do mundo. Dependemos destes ecosistemas que sustentan a vida. Pero deben estar sans para que poidan seguir proporcionándonos auga e alimentos, apoiando a biodiversidade, proporcionando medios de vida, protexéndonos contra fenómenos meteorolóxicos extremos e mitigando o cambio climático.
A campaña deste ano destaca tres mensaxes principais.
- Convidámoslles a adaptalos e compartilos amplamente. Investir no uso sostible dos humidais significa investir no futuro da humanidade.
- Os humidais poden achegar ás cidades e aos seus habitantes múltiples beneficios económicos, sociais e culturais que apoian o benestar humano.
- A restauración dos humidais é esencial para superar a crise do clima e a biodiversidade, así como para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en beneficio de todas as persoas.