Aproveitando as variacións normativas sobre protección/benestar animal a nivel europeo e a recente publicación da Lei sobre protección e dereitos dos animais en España, proponse a celebración dun curso de verán en colaboración con diferentes organismos e entidades públicas e privadas que analice estas modificacións lexislativas e o seu impacto no traballo das diferentes administracións e dos profesionais que actúan neste campo (veterinarios, enxeñeiros agrícolas, avogados, corpos de seguridade do estado etc.,).
Datos básicos:---------------------------------------------------------------------
Localización: Lugo
Duración Total: 21 horas
Matrícula na actividade: 15/05/2024 - 26/08/2024
Enlace web – USC --
MATRICULA
Desenvolvemento da actividade: 02/09/2024 - 04/09/2024
Prezo único (prezo total da actividade): 70€
Taxa reducida: Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 40 €
Programa :--------------------------------------------------------------------------
Dirección: Mª Mercedes Camiña García
Secretaría: Antonio Iglesias Becerra
Lugar de celebración:
Facultade de Veterinaria. Lugo
PROGRAMA
Día 2 de setembro
9:00-9:15- Inauguración do curso polas autoridades
9:15-10:15 Peritaxe forense e aspectos legais. Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
10:15-11:15 Protocolo xeral de intervención en casos de maltrato animal. Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
11:15-12:15 Emisión de informes técnicos. A necesidade de peritos veterinarios no ámbito clínico e profesional. Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
12:15-12:30 Descanso
12:30-14:15 Casos Prácticos I (aplicación de procedementos e elaboración de informes). Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
Tarde
16:15-17:15 Casos Prácticos II (aplicación de procedementos e elaboración de informes). Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
17:15-17:30 Descanso
17:30-19:30 Sete anos da publicación da Lei 4 de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade en Galicia. Que supuxo na protección dos animais na nosa comunidade autónoma? Yolanda Gómez Saavedra. Veterinaria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Día 3 de setembro
9:00-10:00 Como realizar unha exploración a un animal ante unha sospeita de maltrato? María Luisa Suárez Rey. Xefa do servizo de Medicina Interna do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina.
10:00-11:00 Problemática da protección animal en équidos e bovinos. Casos prácticos de actuacións veterinarias ante deficiencias de benestar animal. Jesús Cantalapiedra Álvarez. Veterinario da Consellería do Medio Rural
11-11:15 Descanso
11:15-12:15 Auditoría de Benestar Animal mediante o protocolo Welfare quality. María Rey Campos. Auditora de CAPSA Foods.
12:15-13:15: Caso práctico de auditoría de benestar animal en granxa de vacún mediante o protocolo Welfare quality. María Rey Campos. Auditora de CAPSA Foods.
13:15-14:15: Caso práctico de inspección oficial de benestar animal en bovinos e équidos en granxa. Jesús Cantalapiedra Álvarez. Veterinario da Consellería do Medio Rural.
Tarde
16:15-17:15 A Rede de Ciencia e Benestar Animal Española (RED CIBA). Isabel Blanco Penedo. Universidad de Lleida
17:15-18:15 A protección animal nos animais de experimentación. Entre o dilema ético e o avance científico. Jesús Casabiell Pintos. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
18:15-18:30 Descanso
18:30-19-30: Actuación da Administración ante incumprimentos en materia de protección en animais de produción. Lucia Belver Quiroga. Avogada da Consellería do Medio Rural.
Día 4 de setembro
9:00-10:30.: A entrada e rexistro en lugares cerrados: análise, desenvolvemento e utilidade como garantía de protección xudicial ante os supostos de maltrato animal. David Santos Río. Letrado da Administración de Xustiza.
10:30-11:00 Descanso
11:00-12:30 Réxime legal e xurisprudencial de protección e o benestar animal. Luis Villares Naveira. Maxistrado da sala do Contencioso-Administrativo. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
12:30-14:15 Mesa redonda sobre os efectos na tenencia dos animais da nova lei de protección animal. David Santos Río, e Luis Villares Naveira. Moderada polo presidente do Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo Don José Luis Benedito Castellote.
14:15 Clausura da Xornada
Descarga :-------------------------------------------------------------------------