Martes, 18 de de 2024
2024/06/17: Aprobado Regulamento sobre a restauración da natureza
O Consello de Medio Ambiente da UE aproba o Regulamento de Restauración da Natureza.
O Consello de Medio Ambiente da Unión Europea encárgase da política ambiental da UE, en particular da protección do medio ambiente, o uso prudente dos recursos e a protección da saúde humana. Tamén se ocupa das cuestións ambientais de dimensión internacional, especialmente no ámbito do cambio climático. O Consello de Medio Ambiente está formado polos ministros encargados de asuntos expresamente relacionados co medio ambiente. A Comisión Europea está representada nas sesións polo comisario de Medio Ambiente e o comisario de Acción polo Clima.
Na última reunión do Consello de Medio Ambiente da UE, celebrada o 17/06/2024, alcanzouse o acordo para adoptar tres novas directivas: A Directiva sobre declaracións ecolóxicas, a Directiva sobre vixilancia do chan, a Directiva marco revisada sobre residuos. E adoptouse formalmente o Regulamento de restauración da natureza.
O Regulamento de restauración da Natureza ten como obxectivo implementar medidas para restaurar polo menos o 20% das áreas terrestres e mariñas da Unión Europea para o ano 2030, e o 90% dos ecosistemas que necesitan restauración para o ano 2050. Establece obxectivos e obrigacións específicos e xuridicamente vinculantes para a restauración da natureza en ecosistemas terrestres, mariños, de auga doce, forestais, agrícolas e urbanos.
Os Estados membros terían agora que elaborar plans nacionais de restauración sobre como alcanzar estes obxectivos a nivel nacional. Estes Plans incluirían avaliacións do estado dos ecosistemas e a planificación, presentación de informes e financiamento da restauración.
Descarga:
Regulamento de restauración da natureza