Domingo, 28 de Xullo de 2024
2024/07/26: A UNESCO designa 11 novas Reservas da Biosfera
A UNESCO DESIGNA 11 NOVAS RESERVAS DA BIOSFERA
A UNESCO aprobou a designación de 11 novas reservas de biosfera en 11 países, entre os que se atopan por primeira vez Bélxica e Gambia, e dous reservas de biosfera transfronteirizas. As outras novas reservas de biosfera atópanse en Colombia, Eslovenia, España, Filipinas, Italia, Mongolia, o Reino dos Países Baixos, a República de Corea e a República Dominicana. Con estas novas designacións, que abarcan unha superficie total de 37 400 km², equivalente ao tamaño dos Países Baixos, a Rede Mundial de Reservas de Biosfera conta agora con 759 reservas en 136 países.
Na súa 36ª reunión (2-5-Julio-2024), o Consello Internacional de Coordinación do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB) da UNESCO, órgano reitor do Programa composto por 34 Estados Membros da UNESCO, foi o encargado de decidir estas incorporacións. O Consello reuniuse do 2 ao 5 de xullo en Agadir (Marrocos), a continuación da Conferencia da UNESCO sobre os solos.
As reservas de biosfera son un dos piares do mandato da UNESCO como organismo das Nacións Unidas dedicado ás ciencias. Cada reserva de biosfera promove solucións locais innovadoras de desenvolvemento sostible, protexe a biodiversidade e fai fronte á alteración do clima. As reservas tamén axudan ás comunidades locais e indíxenas a través de prácticas como a agroecoloxía, a xestión da auga e a xeración de ingresos ecolóxicos.
As reservas de biosfera contribúen a que os Países alcancen os obxectivos aprobados en decembro de 2022 no contexto do Marco Mundial de Biodiversidade de Kunming-Montreal, que avoga pola creación de zonas protexidas que cubran o 30 % da superficie terrestre e mariña do planeta e pola restauración do 30 % dos ecosistemas degradados do mundo de aquí a 2030.
As 11 novas Reservas da Biosfera designadas pola UNESCO son:
Transfronteriza de Kempen-Broek (Bélxica, Reino dos Países Baixos).
- Darién Norte Chocoano (Colombia).
- Transfronteriza dos Alpes Julianos (Eslovenia, Italia).
- Val d’Aran (España)
- Irati (España)
- Apayaos (Filipinas)
- Niumi (Gambia)
- Colli Euganei (Italia)
- Lago Khar Us (Mongolia)
- Changnyeong (República de Corea)
- Madre de las Aguas (República Dominicana)
Reserva da Biosfera do Val d’Aran (España)
Enclavada en el extremo occidental de los Pirineos catalanes, la reserva de biosfera se extiende a lo largo de unos 632 km2 y constituye el único valle de Cataluña orientado al norte. Su posición excepcional como cuenca situada entre el Mediterráneo y el Atlántico le confiere una gran diversidad de paisajes climáticos y biológicos. También es un bastión del patrimonio cultural y lingüístico occitano.
La Val d’Aran, que cuenta con 9983 habitantes, ha prosperado tradicionalmente gracias a actividades variadas, como la agricultura, la artesanía y el comercio. Últimamente, la reintroducción de los osos pardos ha suscitado preocupación entre los ganaderos de la región.
La designación de la zona como reserva de biosfera ha representado un paso decisivo para mejorar la protección de la biodiversidad y revitalizar las prácticas tradicionales, con el fin de frenar la despoblación y facilitar la transición a un modelo de desarrollo rural más resiliente. El plan de gestión de la reserva de biosfera se ha concebido minuciosamente con los representantes de las aldeas y las asociaciones locales que promueven el turismo y la ganadería.
Reserva de Biosfera de Irati (España)
A Reserva de Biosfera de Irati está situada nunha zona de media montaña dos Perineos occidentais e é un paraíso da biodiversidade. Os seus extensos bosques están compostos principalmente por haxas e abetos, o que a converte no segundo faial máis grande de Europa. Engloba os pintorescos vales de Salazar e Aezkoa, no extremo nororiental de Navarra, e ten unha superficie de 537 km2 na que viven 2435 habitantes.
A comunidade local, que participou activamente no proceso de candidatura desde 2015, desempeñou un papel fundamental na definición da estrutura de xestión da Reserva da Biosfera. Esta estrutura comprende un consello executivo e un consello asesor que representan a diversas partes interesadas, en particular asociacións culturais e de conservación e grupos de mulleres. O plan de xestión da Reserva da Biosfera de Irati constitúe un testemuño dos esforzos de conservación impulsados pola comunidade da reserva.
Fonte: UNESCO