A Conselleira de Medio Ambiente, presidiu hoxe a reunión ordinaria do Comité de Coordinación da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia, onde apostou ...

" />
Martes, 04 de Febreiro de 2025

Reunión da Rede de Reservas de Biosfera de Galicia


A Conselleira de Medio Ambiente, presidiu hoxe a reunión ordinaria do Comité de Coordinación da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia, onde apostou pola suma de esforzos desde todos os ámbitos para acadar a creación da oitava reserva da biosfera da comunidade e avanzar así na protección do patrimonio natural galego.

A responsable autonómica lembrou que a Xunta consignou nos orzamentos deste ano 80.000 euros para o impulso desa oitava zona protexida que tería como núcleo a zona do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e estendería a súa área de influencia desde Baiona ata Porto do Son por toda a costa.

Ángeles Vázquez puxo en valor que o 42% do territorio galego está amparado na actualidade por algunha figura de protección e que a creación desta oitava reserva elevaría esa porcentaxe por enriba do 50%, o que suporía avanzar na harmonización da conservación dos espazos naturais co desenvolvemento económico e social da comunidade autónoma. De feito, esta oitava reserva englobaría máis de 90.000 hectáreas de superficie, o 92% delas no ámbito marítimo.

Nesta liña, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático salientou o papel da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia tanto na suma de esforzos como para reforzar a posición e a imaxe ante os organismos internacionais, especialmente ante os que dependen da Unión Europea. Ao mesmo tempo permite crear vínculos de cooperación e avanzar en eidos de interese común como a gobernanza, a implicación da mocidade, a creación de marcas de calidade ou a posta en valor dos espazos protexidos galegos en todo o mundo.

Fonte: Xunta de Galicia

Reunión da Rede de Reservas de Biosfera de Galicia
Voltar