O IBADER do Campus Terra organiza un seminario de transferencia de resultados. O seminario terá lugar na modalidade online e nel preténdese promover a a transferencia dos resultados da análise xenética realizada polo proxecto LIFE INSULAR, do cal é coordinador o IBADER.
No seminario ademais do IBADER e o LIFE INSULAR, participaran a empresa Acuigen e persoal da Generalitat Valenciana, encargado da conservación da poboación de Camariña (Corema album) situada na Serra Gelada (Alacante).