O IBADER do Campus Terra organiza un seminario de transferencia de resultados. O seminario terá lugar na modalidade online e nel preténdese promover a transferencia dos protocolos de micropropagación de Corema album para a obtención de planta a emplegar en reforzos poblacionais e restauración de hábitats dunares no contexto do proxecto LIFE INSULAR, do cal é coordinador o IBADER.
No seminario ademais do IBADER e o LIFE INSULAR, participaran a Universidade de Vigo, e persoal da Generalitat Valenciana, encargado da conservación da poboación de Camariña (Corema album) situada na Serra Gelada (Alacante).