Martes, 15 de Abril de 2025

2025/04/15: A borrasca Oliver deixa estartelado o paseo do Río Rato


O Paseo fluvial do río naceu co obxectivo de dotar á cidade de Lugo dun parque peri-urbano que fixese de conexión entre distintos barrios. Co paso do tempo e debido a unha xestión non sempre brillante converteuse nun triste exemplo do que non se debe facer cun ecosistema fluvial nunha contorna urbana ou peri-urbano. Unha situación que non é única en Galicia, xa que, no país dos mil ríos, poucos se poden considerar como ben conservador.

O leito do Rato atópase en toda a súa lonxitude canalizado, dotándoo dunha anchura incongruente co volume que circula en períodos de fortes choivas. A ribeira natural e as áreas higrófilas adxacentes fóronse perdendo ano tras ano. Desde 1995-2025 morreron centos de ameneiros, uns por efecto das obras, outros da Phytophthora. Xunto aos ameneiros ortos elementos da Biodiversdiade local tamén se atopan nun paupérrimo estado de conservación (Carex lusitanica, Iris pseudoacorus, Alisma plantago-aquatica, Phalaris arundinacea, Eleocharis palustris) causada pola excesiva frecuencia das rozas mecánicas ou a expansión de especies alóctonas. Seguindo un modelo recorrente noutros tramos galego, as ribeiras atopanse desnaturalizadas, soportando camiños construídos sen ter en conta as crecidas.

A borrasca primaveral Oliver deixo estartelado o paseo do río Rato. O canle e un triste mostrario de todo tipo de inmundicias antrópicas. Oliver (11/04/2025) tragou os camiños, destruíu as pasarelas e as pontellas. Pero Oliver tamén nos deixou a necesidade de reflexionar sobre o que debería ser un río, e asumir a urxente necesidade de adoptar outros modelos de xestión, máis racionais e máis sostibles.








 
2025/04/15: A borrasca Oliver deixa estartelado o paseo do Río Rato
Voltar