Mércores, 16 de Abril de 2025

16/04/2025: O CEIDA organiza: Lecturas verdes imprescindibles: coloquio entorno a ‘Primavera silenciosa’ de Rachel Carson



Ciclo de ‘Lecturas Verdes Imprescindibles organizado polo CEIDA
Pazode Lóngara (Oleiros, A Coruña)
22/04/2025 - 19:00 h


No mes de abril conmemóranse dúas datas moi especiais, o Día da Terra (22 de abril) e o Día do Libro (23 de abril), e con elas o CEIDA [https://www.ceida.org/gl/] estrea o  Ciclo ‘Lecturas Verdes Imprescindibles,  que pretende dar a coñecer obras que marcaron un antes e un despois na historia do ecoloxismo e o conservacionismo, que axudaron a achegarse á natureza e a mirar o mundo con outros ollos, despertando a conciencia ecosocial na sociedade.

A lectura verde coa que arranca este ciclo é  Primavera silenciosa  da bióloga mariña e escritora estadounidense  Rachel Carson  (1907-1964), que a máis de 60 anos da súa publicación, permanece como referencia obrigada do ambientalismo mundial. Carson denunciou nesta obra os efectos nocivos que para a natureza tiña o emprego masivo de produtos químicos como os pesticidas, especialmente o DDT, e serviu como un aglutinador e catalizador das opinións de moitos científicos, conservacionistas e cidadáns críticos, alertando do seu uso desmedido e a súa repercursión na saúde das persoas e da vida silvestre.

Mais esta científica non descata só pola súa labor investigadora, foi tamén una experta comunicadora e escritora. Ela mesma cría que non había separación entre a literatura e a ciencia, e tal vez o éxito de  Primavera silenciosa  e de moitos dos seus escritos, estivo en saber empregar unha linguaxe literaria para recoller un discurso científico. Rachel Carson foi, por tanto, unha peza fundamental no que hoxe chamamos ecoloxismo crítico, e a súa obra nos insta a sentirnos partes integrais da natureza, a valorala e a amala.

O vindeiro martes, 22 de abril, o CEIDA iniciará este  Ciclo de ‘Lecturas Verdes Imprescindibles cun coloquio sobre a obra de Rachel Carson, e para elo contará coa participación do tradutor de Primavera silenciosa   ao galego,  Juan J. Casares Long   (catedrático de Enxeñería Química e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela, ex reitor de dita universidade), e o autor do prólogo   Pablo Ramil Rego (profesor de botánica da USC, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural-IBADER, e Secretario do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB-Man and Biosphere, Home e Biosfera).  Ambos charlarán arredor desta obra sobresaínte e pioneira da literatura ambientalista moderna que alcanzou fama internacional e que convida a querer outro mundo.

O acto terá lugar ás 19 horas na súa biblioteca e centro de documentación ambiental, nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Rúa Casares Quiroga, 29, Liáns, Oleiros). 

O   aforo é limitado,   polo que agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou a través da páxina web do CEIDA. [https://www.ceida.org/gl/]

 
16/04/2025: O CEIDA organiza: Lecturas verdes imprescindibles: coloquio entorno a ‘Primavera silenciosa’ de Rachel Carson
Voltar