Mércores, 16 de Abril de 2025

16/04/2025: Xornada de Infraestrutura verde: Retos e oportunidades


Xornada Infraestrutura Verde: Retos e Oportunidades

Organiza: Escola Politécnica Superior de Enxeñaria (EPSE)
Campus Terra, LUGO

Xoves 24/04/2025. 11:30 h. Salón de actos EPSE
 
 
Esta Xornada ten como obxectivo dar a coñecer a toda a comunidade universitaria, ademais de egresados, profesionais e público xeral a “Estratexia de Infraestrutura Verde”. Unha iniciativa da Comisión Europea destinada a fortalecer os obxectivos marcados na Estratexia de Biodiversidade, que aspira a conformar una unha rede ecoloxicamente coherente e estratexicamente planificada na que se integren as áreas naturais protexidas, así como outras zonas de carácter natural, seminatural ou artificial, situadas no medio mariño ou na área continental (zonas urbanas, periurbanas e rurais), co obxecto de contribuír á conservación da Biodiversidade e ao  mantemento dos servizos que nos provén os ecosistemas.
 
Ao longo da Xornada expoñeranse os aspectos máis relevantes da Estratexia Nacional e Galega de Infraestrutura Verde e da Conectividade e a Restauración Ecolóxicas. Para finalmente abordar a Estratexia de Infraestrutura Local que se está a desenvolver  no proxecto Entre Sar e Sarela en Santiago de Compostela.

Programa

A Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Resturacion Ecolóxica
María Jesús Rodríguez de Sancho
Director Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación
Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

A Estratexia Galega de de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Resturacion Ecolóxica
Tomás Fernández-Couto Juanas
Subdirector Xeral  de Espazos Naturais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Xunta de Galicia

A Infraestrutura Verde Local e a Restauración Ecolóxica
Pablo Ramil Rego
Director do IBADER
Universidade de Santiago de Compostela

Organiza:
Escola Politécnica Superior de Enxeñaria. LUGO.

Colaboran:
Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
IET - Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Xunta de Galicia
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
Campus Terra. Universidade de Santiago.





NOTA

A asistencia ao acto non necesita inscrición. Aquelas persoas que requiran certificación de asistencia deben de solicitala previamente na sección de "Cursos" da páxina web do Campus Terra [https://www.usc.gal/gl/campusterra/cursos]
16/04/2025: Xornada de Infraestrutura verde:  Retos e oportunidades
Descargas
Fotos
Ibader