Venres, 14 de Marzo de 2025

2025/03/14: O IBADER participou na presentación das accións do proxecto entre Sar e Sarela


O pasado día 12 de marzo, o IBADER participou na presentación das obras da Acción B1 Barrio Verde de Pontepedríña, incluída como unha das accións do proxecto “Entre Sar e Sarela”, proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela, no cal son sócios o Concello de Santiago de Compostela e o IBADER. O proxecto se desenvolve no marco da Candidatura para as subvencións de Fundación Biodiversidade, para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades española.

No marco da presentación das obras de esta accción, presentáronse as restantes accións, entre as que se inclúe a elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela que elabora o IBADER. Una vez finalizada a presentación, realizouse unha visita ao parque do Auditorio de Galicia, zona na que se desenvolve outra das accións de conservación do proxecto Entre Sar e Sarela.

Novas na prensa:


https://www.elcorreogallego.es/santiago/2025/03/13/amor-ruibal-estrenara-carril-bici-115230822.html
https://diariocompostela.elidealgallego.com/articulo/compostela/asi-sera-nuevo-barrio-pontepedrina-5183717

 
2025/03/14: O IBADER participou na presentación das accións do proxecto entre Sar e Sarela
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader