Martes, 04 de Marzo de 2025
04/03/2025: O IBADER presentou a Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación Ao Cambio Climático de Santiago de Compostela no marco da Infraestrutura Verde de Galicia
No marco do curso organizado polo El Instituto de Estudos do Territorio (IET), organismo autónomo adscrito a la Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de la Xunta de Galicia, o director do IBADER, Pablo Ramil Rego, presentou a Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación Ao Cambio Climático de Santiago de Compostela, enmarcándoa na Infraestrutura Verde de Galicia, aprobada no ano 2024. A redacción e aprobación da Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela, se inclúe entre as accións do proxecto Entre Sar e Sarela, financiado pola Convocatoria Ciudades da Fundación Biodiversidad, proxecto no cal son socios o concello de Santiago de Compostela e o IBADER.
Esta acción formativa, incluída no plan formativo da Green Gap Academy ,pretende introducir na temática da Infraestrutura Verde a cantas persoas estean interesadas e, moi especialmente, aos técnicos que desenvolven a súa actividade nas entidades locais, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.