Luns, 12 de Maio de 2025
2025/05/12: O IBADER participará nun workshop organizado polo El Instituto de Estudos do Territorio (IET) para presentar a Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela
O próximo 21 de maio, o IBADER participará impartindo dúas charlas e realizando unha visita guiada de carácter práctico, no marco do workshop “infraestrutura verde e Cambio Climático” organizado polo El Instituto de Estudos do Territorio (IET), organismo autónomo adscrito a la Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de la Xunta de Galicia.
Nas charlas presentarase, a Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación Ao Cambio Climático de Santiago de Compostela, e as accións de renaturalización do proxecto Entre Sar e Sarela. O proxecto Entre Sar e Sarela, está financiado pola Convocatoria Ciudades da Fundación Biodiversidad, proxecto no cal son socios o concello de Santiago de Compostela e o IBADER
Esta acción formativa, se inclúe no plan formativo da Green Gap Academy, que persegue introducir na temática da Infraestrutura Verde local, a cantas persoas estean interesadas e, moi especialmente, aos técnicos que desenvolven a súa actividade nas entidades locais, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.