Xoves, 22 de Maio de 2025

01/04/2025: O IBADER presentou a Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela e as accións de renaturalización do proxecto Entre Sar e Sarela


O pasado 21 de maio, no marco do workshop “infraestrutura verde e Cambio Climático” organizado polo El Instituto de Estudos do Territorio (IET), organismo autónomo adscrito a la Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de la Xunta de Galicia, o IBADER participou impartindo dúas charlas e realizando unha visita guiada de carácter práctico. A xornada se desenvolveu entre as 9 e as 14:30 horas, no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
 
Nas charlas presentouse nunha primeira ponencia, a Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación Ao Cambio Climático de Santiago de Compostela, a estratexia que se atopa en proceso de aprobación polo Concello de Santiago de Compostela, foi elaborada polo IBADER, no marco do proxecto Entre Sar e Sarela, proxecto financiado pola Convocatoria Ciudades da Fundación Biodiversidad, proxecto no cal son socios o concello de Santiago de Compostela e o IBADER. Nunha segunda charla, expuxéronse as diversas solucións adoptadas para a renaturalización e a resiliencia fronte ao cambio climático nas zonas urbanas e rurais, nas accións de restauración incluídas no proxecto Entre Sar e Sarela. Finalmente realizouse unha visita guiada de carácter práctico a unha das zonas de actuación do proxecto Entre Sar e Sarela, na cal os participantes puideron comprobar in situ, as tarefas que se desenvolverannon entorno da lagoa do auditorio de Galicia, para mellorar a biodiversidad y a resiliencia fronte ao cambio climático.
 
Esta acción formativa, incluída no plan formativo da Green Gap Academy, busca introducir na temática da Infraestrutura Verde local e o impulso que estas supoñen para a restauración da biodiversidade, a renaturalización e a resiliencia, a cantas persoas estean interesadas e, moi especialmente, aos técnicos que desenvolven a súa actividade nas entidades locais, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.
01/04/2025: O IBADER presentou a Estratexia de Infraestrutura Verde de Santiago de Compostela e as accións de renaturalización do proxecto Entre Sar e Sarela
Descargas
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader