Martes, 04 de Marzo de 2025
2025/03/04: Apertura da VIII Edición dos premios de Investigación Rafael Crecente (Ano 2025)
Aberta a convocatoria da VIII Edición dos Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial (2025)
O premio, convocado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da USC, coa colaboración do Laboratorio do Territorio da USC, abre a súa septima edición.
Con data de 3 de marzo de 2025 abriuse o prazo para presentación de propostas sendo o 20 de setembro de 2025 a data límite para a recepción de candidaturas (Acceso as bases da Convocatoria)
O profesor Rafael Crecente Maseda [1964,2015] estaba considerado como un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia. Foi profesor titular do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela, e o seu labor estivo vinculado principalmente á investigación, sendo director do Laboratorio do Territorio e coordinador do Sistema de Información Territorial (SIT) desta universidade. Así mesmo, participou activamente como investigador en países de Latinoamérica, fundamentalmente en Ecuador, lugar no que impulsou un programa de colaboración, así como en convenios con países de Europa central e do leste. Tamén foi consultor da oficina rexional da FAO en Budapest, profesor invitado na Universidade de Múnich e investigador do IBADER adscrito ao Grupo de Investigación 1934 Territorio-Biodiversidade.
Na súa homenaxe, creáronse estes premios para impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial.