Xoves, 29 de Setembro de 2016

2016/09/29: Segundas xornadas formativas hortas urbanas de Compostela

O IBADER imparte as charlas formativas contidas nas Segundas Xornadas Formativas sobre agricultura ecolóxica nas hortas urbanas de Santiago de Compostela. As xornadas, organizadas polo Concello de Santiago de Compostela coa colaboración de Ferrovial e o propio IBADER, impártense no CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) de Compostela, situado no parque de Belvís e están dirixidas aos usuarios das hortas urbanas de Compostela.

As Charlas celébranse ao abeiro do Contrato de Colaboración entre a USC e FERROVIAL para o desenvolvemento do Plan de Sensibilización Ambiental das Áreas Verdes da cidade de Santiago de Compostela.

O programa de charlas previsto é o seguinte:
  • Tema 1: Preparación do solo (Juan Carlos Brea Pallares. Enxeñeiro Agrícola, Experto en Agricultura Ecolóxica.)
                Data: 14 de outubro 2016 - 18 a 20 h
  • Tema 2: Planificación do horto outono-inverno (Juan Carlos Brea Pallares. Enxeñeiro Agrícola, Experto en Agricultura Ecolóxica.)
                 Data: 21 de outubro 2016 - 18 a 20 h

 
2016/09/29: Segundas xornadas formativas hortas urbanas de Compostela
Compartir
 
Voltar