Entre os modulos que se impartirán figuran a Produción do Cereal Local e Sostible, Biodiversidade no Cultivo de Cereais, Trazabilidade e técnicas de caracterización de fariñas e pan, Produción do Pan Galego e a súa importancia dentro dunha alimentación saudable e a Comercilización e economía circular.
Parte destas investigación están incluídas dentro dun proxecto competitivo financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación que lidera a Cátedra do Pan e do Cereal. Este curso tamén permitirá afianzar as relación internacionais da Cátedra xa que participarán docentes da UTAD cos que se están a levar estratexias de colaboración.
INSCRICION
As persoas interesadas en asistir a este curso-obradoiro, poden formalizar a súa matrícula no seguinte Formulario de Inscrición.
A matrícula e gratuita.
Ás 15:30 está prevista unha visita a Carral (A Coruña) para visitar campos de ensaio de trigo ‘Caaveiro’ e outras variedades, o muiño de pedra e unha panadería artesanal do Grupo DaCunha. As persoas que se inscriban e estén interesadas nesta visita, por favor, que o fagan saber enviando un e-mail a campus.terra@usc.gal