Venres, 27 de Xuño de 2025

2025/27/06: A Xunta de Galicia da continuidade as tarefas desenvolvidas por LIFE FLUVIAL na Lagoa do Rei


A recente inversión de 600.000 euros anunciada pola Xunta de Galicia para a recuperación ambiental da Lagoa do Rei, no concello lucense de Rábade, reforza a continuidade das accións iniciadas na comarca da Terra Chá, no marco do proxecto LIFE FLUVIAL do cal é socio o IBADER

Este tipo de actuacións, centradas na restauración de hábitats de ribeira e humidais de interese comunitario, alíñanse plenamente cos obxectivos do proxecto, como son a mellora do estado de conservación de corredores fluviais e zonas húmidas dentro da Rede Natura 2000.

Durante a execución do LIFE FLUVIAL (2017–2022), xa se levaron a cabo intervencións demostrativas en espazos próximos, como o LIC Parga-Ladra-Támoga, que serviron como modelo para futuras restauracións. A acción anunciada pola Xunta en Rábade representa unha transferencia efectiva de resultados, consolidando boas prácticas e ampliando o seu impacto territorial.

Dende o equipo LIFE FLUVIAL celebramos esta continuidade e valoramos positivamente que as administracións sigan apostando pola conservación activa dos ecosistemas fluviais e húmidos atlánticos, en liña coas directrices europeas de xestión sostible do territorio.

2025/27/06: A Xunta de Galicia da continuidade as tarefas desenvolvidas por LIFE FLUVIAL na Lagoa do Rei
Descargas
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader