Venres, 15 de Xullo de 2016

2016/07/15: Exposición Temporal: Reservas da Biosfera

O Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Ferrovial e o IBADER, ven de inaugurar a exposición temporal Reservas da Biosfera. A exposición permanecera aberta ao público entre o 15 de xullo e o 15 de setembro no CIPX de Compostela, situado no parque de Belvís.

A exposición enmárcase nas actividades relativas ao Contrato de Colaboración entre a USC e FERROVIAL para o desenvolvemento do Plan de Sensibilización Ambiental das Áreas Verdes da cidade de Santiago de Compostela.
 
Na mesma expóñense paneis relacionados co funcionamento e importancia da Rede de Reservas da Biosfera, a nivel mundial, estatal e galego. Ademais, unha segunda seira de paneis amosa información relacionada cos valores das reservas da Biosfera: As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña, Galicia), Terras do Miño (Lugo, Galicia) e Ancares Lucenses (Lugo, Galicia).

Os paneis expostos foron cedidos pola Deputación de Lugo e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.

 
2016/07/15: Exposición Temporal: Reservas da Biosfera
Compartir
 
Voltar