Luns, 28 de Xullo de 2025

Convocatoria Invorporación Investigadores ao IBADER - 2025


CONVOCATORIA PARA O INGRESO DE PERSONAL INVESTIGADOR NO INSTITUTO DE BIODIVERSIDADE AGRARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL (IBADER)
 
 
A Xunta de Goberno do IBADER, en reunión celebrada o 5 de febreiro de 2025, atendendo as solicitudes para adscrición de persoal investigador do IBADER, aprobou a posta en marcha dun novo procedemento de adscrición que foi formalizado polo Consello Científico do IBADER con data de 30 de abril de 2025.
 
1.- OBXETO DA CONVOCATORIA
 
A finalidade desta convocatoria é abrir un novo procedemento de solicitude de ingreso ao IBADER, para investigadores/as, de acordo coa normativa establecida no Regulamento de Réxime Interno do IBADER.
 
2.- DESTINATARIOS
 
Persoal investigador: Investigadores/as vinculados/as. Investigadores/as non permanentes. Investigadores/as en formación. Investigadores/as colaboradores/as.
 
3.- REQUISITOS
 
3.1.- Para as distintas categorías de persoal investigador
 
Os investigadores/as levarán a cabo a súa actividade dentro dos ámbitos fixados no Plan de Acción do IBADER.
 
Os Investigadores/as non poderán formar parte como investigadores/as doutros Institutos Universitarios de Investigación, Centros Singulares ou Centros Propios da USC.
 
3.2.- Investigadores/as vinculados
 
Para ser investigador/a vinculado/a ao IBADER, será necesario ser profesor/a contratado/a doutor/a ou profesor/a doutor/a funcionario/a da USC.
 
3.3.- Investigadores/as non permanentes
 
Persoal investigador contratado especificamente con cargo a programas ou proxectos de investigación desenvolvidos por Investigadores/as vinculados/as ao IBADER, de acordo ca marco laboral e normativo aplicable.
 
3.4.- Investigadores/as en formación
 
Persoal investigador matriculado nalgún programa de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela que conte coa dirección ou codirección dun investigador/a vinculado/a ao IBADER.
3.4.- Investigadores/as colaboradores
 
Persoal investigador non incluído nos apartados anteriores que colabore asiduamente nalgún proxecto ou programa do Instituto, ou no mantemento das súas actividades.
 
4.- SOLICITUDES
 
Quen desexe participar no proceso de ingreso da presente convocatoria deberá facelo constar por escrito, mediante solicitude dirixida ao Sr. Director/a do IBADER a través do procedemento indicado nesta convocatoria.
 
Para seren admitidos, os solicitantes manifestarán na súa solicitude que reúnen todos e cada un dos requisitos e condicións de acceso esixidas, referidas á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de solicitudes.
 
A presentación da solicitude supón a aceptación das bases por parte de cada solicitante.
 
5.- DOCUMENTACIÓN
 
5.1.- Os aspirantes deberán presentar a seguinte documentación:
 
A.- Instancia de solicitude. Indicando a categoría na que desexa realizar a súa adscrición e xustificante que poña de manifesto o cumprimento dos criterios da categoría seleccionada.
 
B.- Curriculum Vitae no que se recollan as achegas de I+D+i, principalmente dos últimos dez anos, dos seus méritos de investigación e idoneidade cos obxectivos, fins e liñas do IBADER.
 
C.- Actividades que pretende levar a cabo no caso da súa incorporación no IBADER acordes cos ámbitos de actuación do IBADER descritos no seu Plan de Acción.
 
D.- Informe do Departamento ao que está adscrito/a, respecto á correspondente vinculación ao IBADER.
 
E.- Informe do Investigador/a vinculado do IBADER que avala a incorporación do investigador/a na categoría de Investigador/a Non Vinculado.
 
F.- Calquera outra documentación que considere de interese para a súa aceptación.
 
Para a categoría de Investigador/a Vinculado será necesario entregar os documentos: A, B, C, D, F. O documento “D” poderá ser remitido posteriormente a finalización do prazo de presentación da candidatura. Pero antes da formalización definitiva da súa proposta polo Consello Científico do IBADER.
 
Para a categoría de Investigador/a Non Vinculado será necesario entregar os documentos: A, B, C, E, F. O documento “E” poderá ser remitido posteriormente a finalización do prazo de presentación da candidatura. Pero antes da formalización definitiva da súa proposta polo Consello Científico do IBADER.
 
Os ficheiros coa Convocatoria, Regulamento do IBADER e Plan de Acción do IBADER estarán dispoñibles na páxina web do IBADER.

https://www.ibader.gal/seccion/1222/Comvocatoria-2025.html
 
6.- PRAZO DE PRESENTACIÓN
 
As solicitudes dirixiranse ao Sr. director do IBADER. O prazo de presentación das mesmas establécese dende o dia seguinte á publicación de este anuncio ata o día 30/09/2025.
 
7.- LUGAR DE PRESENTACIÓN
 
A presentación de solicitudes farase a través do Rexistro electrónico da USC (https://sede.usc.es > Rexistro electrónico), de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
 
8.- NOTIFICACIÓNS
 
De conformidade cos artigos 40 a 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións practicaranse por vía electrónica, a través do Taboleiro Electrónico da Sede Electrónica da USC, lugar onde se efectuarán as sucesivas comunicacións.
 
9.- ADMISIÓN DAS SOLICITUDES DOS INVESTIGADORES
 
Nos 10 días hábiles seguintes, despois de finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase a relación de solicitantes admitidos e excluídos.
 
Para emendar os defectos da publicación anterior, os/as investigadores non admitidos/as ou excluídos/as poderán xustificar o seu dereito a ser admitidos/as, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación, quedando excluídos/as definitivamente de non facelo.
 
Rematado este prazo, publicarase a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as.
 
10.- PROCEDEMENTO DE AVALIACION DAS SOLICITUDES
 
10.1.- O proceso de avaliación das solicitudes constará de dúas fases:
 
10.1.A.- Publicada a relación definitiva das solicitudes referidas no punto 9 desta convocatoria, as admitidas serán estudadas polo Consello Científico do IBADER para comprobar que reúnen os requisitos e condicións de acceso esixidas para ser investigador/a vinculado/a ao IBADER.
 
En caso de que a documentación presentada por algún investigador/a no se axuste aos criterios do punto 5 desta convocatoria, requirirase ao solicitante a corrección da mesma, nun prazo de 10 dias hábiles.
 
Feita a comprobación dos requisitos e no seu caso a corrección da documentación polos interesados, o Director do IBADER dará traslado aos membros da Comisión Asesora Externa.
 
10.1.B.- A Comisión Asesora Externa, reunida de forma presencial en Lugo, ou a través de medios telemáticos, analizará a documentación presentada por cada un dos investigadores, emitindo unha valoración favorable ou desfavorable da súa incorporación como Investigador/a.
 
Acorde co Regulamento de Réxime Interno do IBADER a Comisión Asesora Externa, na valoración das solicitudes terá en conta os seguinte aspectos:
 
1.- Recoñecemento de méritos por actividade investigadora, Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI), ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
2.- Traxectoria investigadora e docente realizada, coherente cos ámbitos de actuación establecidos no IBADER.
3.- Dirección ou participación en proxectos de I+D+i de convocatorias públicas.
4.- Dirección ou participación en contratos ou convenios con entidades públicas ou privadas, especialmente de aquelas integradas nas liñas dos ámbitos de actuación do IBADER.
5.- Publicacións científico-técnicas.
6.- Dirección de Teses de Doutoramento e traballos academicamente dirixidos.
7.- Actividades de Difusión vencelladas cos obxectivos do IBADER.
8.- Patentes.
9.- Participación en Comités Consultivos ou Comités Asesores.
10.- Experiencia en cargos de xestión universitaria vencellados coa I+D+i.
11.- Colaboración científico-técnica coas entidades que forman parte do IBADER.
 
11.- RESOLUCIÓN FINAL
 
Contra a presente convocatoria, poderá interpoñer recurso de alzada ante este órgano ou directamente ante o reitor no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


Convocatoria: Descarga-PDF
Instancia: Descargar-Word
Regulamento IBADER: Descarga-PDF
Plan IBADER: Descarga-PDF
Convocatoria Invorporación Investigadores ao IBADER - 2025