O ‘Congreso Internacional de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela’, terá lugar os vindeiros 1 e 2 de outubro, no Salón de Actos FEUGA, no Campus Sur de Santiago de Compostela.
Este Congreso enmárcase no Proxecto “Entre Sar e Sarela”, coordinado polo Concello de Santiago e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela) e que ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a infraestrutura verde de Santiago de Compostela para favorecer a conectividade ecolóxica do Anel Verde Exterior coa trama urbana. Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Este Congreso está organizado polo Concello de Santiago de Compostela, o IBADER co fin de dar a coñecer as estratexias de Infraestrutura Verde a nivel estatal e autonómico, e reflexionar sobre o papel das entidades locais no marco das súas competencias en materia de infraestrutura verde.
Máis información e inscricións:
https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/congreso-internacional-estratexia-de-infraestrutura-verde-e-adaptacion-ao-cambio