O "Ciclo de Conferencias Entre Sar e Sarela", terá lugar os vindeiros mércores 22 e 29 de Outubro e 5 de Nobembro de 2025.
Este ciclo de conferencias enmárcase no Proxecto “Entre Sar e Sarela”, coordinado polo Concello de Santiago e o IBADER (Universidade de Santiago de Compostela) e que ten por obxectivo impulsar a renaturalización urbana e a infraestrutura verde de Santiago de Compostela para favorecer a conectividade ecolóxica do Anel Verde Exterior coa trama urbana. Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Este Ciclo de Conferencias está organizado polo Concello de Santiago de Compostela, o IBADER co fin de dar a coñecer as estratexias de Infraestrutura Verde a nivel estatal e autonómico, e reflexionar sobre o papel das entidades locais no marco das súas competencias en materia de infraestrutura verde.
Máis información e inscricións:
https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/ciclo-de-conferencias-online-entre-sar-e-sarela