Venres, 17 de Febreiro de 2017

2017/02/17: Anteproxecto de Lei do Patrimonio Natural


No Portal de Transparencia da Xunta de Galicia  incluíuse recentemente o Anteproxecto de Lei do Patrimonio Natural de Galicia, que substituirá a Lei 9/2001 de Conservación da Natureza.
 

Anteproxecto de lei do patrimonio natural de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Inicio da tramitación: 02/02/2017

Obxecto: O obxecto do presente anteproxecto de lei  é establecer o réxime xurídico aplicable no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia para garantir a conservación, o uso sostible, a mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade.

Estado actual: En prazo de envío de suxestións
Prazo para remitir suxestións: 13/02/2017 - 13/03/2017
 
Forma de remitir suxestións: poderán ser formuladas cantas suxestións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina ou mediante a súa presentación en calquera dos lugares previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Fonte: Xunta de Galicia

Descarga:
 
2017/02/17: Anteproxecto de Lei do Patrimonio Natural
Compartir
 
Voltar