Martes, 23 de Decembro de 2025
2025/12/23: Publicado o quinto boletín do Proxecto LIFE IP Wild Atlantic Nature
Os socios do Proxecto LIFE IP Wild Atlantic Nature, proxecto integrado entre Irlanda e Galicia para a conservación das turbeiras de cobertor (7130*), e no que participa activamente o IBADER como beneficiario asociado, veñen de publicar o quinto boletín de novidades do proxecto, no cal entre outras, preséntanse os proxectos LIFE que IBADER posúe creando sinerxias coas iniciativas en Irlanda, como LIFE INSULAR ou LIFE GLOBAL.
O Boletín está dispoñíbel para a súa descarga en:
https://www.wildatlanticnature.ie/wp-content/uploads/2025/12/Wild-Atlantic-Nature-Newsletter-Issue-5.pdf