Xoves, 29 de Xaneiro de 2026

2026/01/29 O IBADER acolle a xornada de presentación do proxecto GREENZONE


O IBADER acollerá o vindeiro 5 de febreiro de 2026 a xornada de presentación do proxecto GREENZONE, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a integración da infraestrutura verde na planificación territorial mediante o desenvolvemento dunha cartografía dinámica e colaborativa. GREENZONE céntrase na delimitación e xestión de zonas multifuncionais, achegando unha metodoloxía científica e sistemática xunto con ferramentas tecnolóxicas que faciliten a súa aplicación práctica. Para iso, deseñarase un algoritmo de intelixencia artificial orientado a optimizar a delimitación espacial de distintos tipos de zonas multifuncionais, permitindo avanzar cara a unha xestión máis áxil, eficiente e aliñada cos obxectivos de conservación, restauración ecolóxica e adaptación ao cambio climático.
 
A xornada terá lugar no edificio do IBADER (Campus de Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela, en horario de 11:00 a 13:30 h, e reunirá persoal investigador, responsables institucionais e axentes implicados na planificación e xestión ambiental. O proxecto GREENZONE conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través da cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
 
Con esta iniciativa, o IBADER reforza o seu compromiso coa transferencia de coñecemento, o debate técnico-científico e a promoción de enfoques integrados de infraestrutura verde como base para unha planificación territorial máis resiliente e adaptada aos retos ambientais actuais.
 
Inscripción:
 
https://m3toq.r.ag.d.sendibm3.com/mk/mr/sh/SMJz09SDriOHWPIbKEdDXxGu9sG1/FsucZaLCJmJW
 
Otros enlaces de interés sobre Infraestructura Verde:
 
https://www.ibader.gal/ficha/547/2767/Estratexia-de-Infraestructura-de-Santiago-de-Compostela-Version-en-galego.html
 
https://www.ibader.gal/ficha/547/2766/Estrategia-de-Infraestructura-Verde-de-Santiago-de-Compostela-Version-en-castellano.html
 
https://www.ibader.gal/ficha/547/2765/Estrategia-de-Infraestructura-Verde-de-Santiago-de-Compostela-Bases-Cientifico-Tecnicas.html
 
https://ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/normativa-tramitacion/cmatv/estratexia-infraestrutura-verde-cas.pdf
 
 
2026/01/29 O IBADER acolle a xornada de presentación do proxecto GREENZONE
Fotos
Ibader