Xoves, 09 de Abril de 2026

2026/04/09: O IBADER celebra 25 anos como referente en biodiversidade e desenvolvemento rural


O IBADER celebra 25 anos como referente en biodiversidade e desenvolvemento rural
 

O 9 de abril de 2001, o Diario Oficial de Galicia publicaba o Decreto 72/2001 da Xunta de Galicia, mediante o cal se constituía no Campus de Lugo (actualmente Campus Terra) o Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). Este centro mixto nacía da colaboración estratéxica entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Xunta de Galicia - a través das consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente e Cambio Climático - e a Deputación de Lugo.
 
Tras un cuarto de século de traxectoria, o esforzo compartido do persoal científico e administrativo consolidou o IBADER como un referente en Galicia para a análise e xestión da biodiversidade e do desenvolvemento rural. A súa actuación abrangueu numerosas actividades relacionadas coa avaliación do estado de conservación de hábitats e especies, o control de especies exóticas, a restauración da natureza e as infraestruturas verdes, así como o deseño e impulso de proxectos vinculados con sistemas de produción agraria, gandeira e forestal ata a economía sostible; temáticas estreitamente vinculadas aos retos do Cambio Global e ao impulso da participación pública. Ao mesmo tempo, dá soporte ao desenvolvemento de actividades de I+D+i na montaña galega a través da Estación Científica do Courel."
 
Este compromiso materializouse na execución de numerosos proxectos europeos e nacionais, así como nunha intensa colaboración co sector empresarial e entidades públicas locais. Un fito que coroa esta traxectoria é a recente concesión da Cátedra UNESCO sobre Reservas da Biosfera Atlánticas, un recoñecemento que marca a senda a seguir na conservación e transferencia de coñecemento baixo os obxetivos das Nacións Unidas.
 
Hoxe celebramos 25 anos de actividade cun profundo agradecemento a quen nos acompañou, proxectando a nosa mirada cara aos novos retos que definirán o camiño durante as próximas 25 primaveras.



 
2026/04/09: O IBADER celebra 25 anos como referente en biodiversidade e desenvolvemento rural
Fotos
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader
Ibader