Domingo, 05 de Abril de 2026

2026/04/05: A recuperación da camariña nas Cíes exemplifica a prioridade europea de restaurar dunas e espazos litorais


A recente plantación de camariña (Corema album) nas Illas Cíes converteuse nun exemplo destacado das políticas de restauración ambiental impulsadas en Europa. Este arbusto litoral, adaptado ás condicións extremas das dunas e coñecido polos seus froitos brancos “perlas das dunas”, foi durante séculos unha especie abundante e de gran valor ecolóxico e cultural.

Diferentes amenazas para a súa conservación, como a presión urbanística ou o impacto das especies invasoras provocaron a perda do seu hábitat e en consecuencia un acusado declive das súas poboacións, ata quedar reducida a un número reducido de localizacións. Neste contexto, o proxecto de recuperación promovido polo Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, en colaboración con entidades científicas (o IBADER da Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación Agrobiotech for Health da Universidade de VIGO), busca reverter esta situación e devolver a especie ao seu medio natural.

A iniciativa enmárcase na estratexia europea de restauración da natureza, que sitúa estas accións como unha prioridade, e pon en valor a necesidade de conservar e recuperar a biodiversidade fronte aos retos ambientais actuais.

2026/04/05: A recuperación da camariña nas Cíes exemplifica a prioridade europea de restaurar dunas e espazos litorais