O IBADER do Campus Terra asistiu, o día 21 de abril, á reunión de seguimento realizada por CINEA ao proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE (LIFE18 IPE/IE/000002), proxecto integrado para a conservación as turbeiras de cobertor na Rede Natura 2000 de Irlanda, do que IBADER é un dos beneficiarios asociados, e que se atopa coordinado polo National Parks and Wildlife Service (NPWS). A reunión permitiu avaliar o avance do proxecto unha vez pasado o seu Ecuador.
A visita resultou de gran interese xa que os membros do IBADER puideron dar boa conta dos avances do grupo de traballo no sur de Europa para a conservación dos ecosistemas de turbeiras. Os resultados acadados cos estudos relativos ao impacto dos parques eólicos sobre as turbeiras de cobertor europeas, e os sucesivos estudos e investigacións de avaliación dos diferentes procesos de impacto sobre as turbeiras a nivel mundial, espertaron un grande interese sobre os representantes de CINEA.
A xornada rematou cunha visita ás localizacións do proxecto, na cal se mantiveron interesantes intercambios co resto de socios implicados no proxecto: Department of Housing, Local Government and Heritage (DHLGH); Department of Agriculture, Food and Marine (DAFM); Bord na Móna; Teagasc; Failté Ireland; Raidio Teilifis Eireann (RTÉ); The Heritage Council; Northern & Western Regional Assembly (NWRA); Coillte Nature.